Ofertas triplebalance

Copy Pontevedra
Oferta grupal

Proxecto audiovisual para visibilizar á cidadanía Pontevedresa e as súas motivacións para vivir nunha cidade Sostible. Búscanse persoas para participar nesta iniciativa, os criterios son: non ser de Pontevedra vivir en Pontevedra polo modelo de cidade

Otros ciudadaníaactiva movimientosocial participación triplebalance

Posibilidade de asistir as reunións dos sistemas de A Redeira

A Redeira se xestiona a través de 7 SISTEMAS, o obxectivo é que as persoas que forman parte deste proxecto local e queiran formar parte activa do funcionamento da A Redeira o fagan a través dos sistemas, cuxa finalidade dos mesmos é: TRIPLE BALANCE: apoiar na ideación sobre a política de sosteñibilidade de A Redeira, e apoiar en facer posible o “Reto Social” (iniciativa anual para axudar a buscar solucións a un problema local e xerar un impacto positivo a nivel social, económico ou ambiental). COHESIÓN REDEIRA: integrar ás novas personas en A Redeira (contarlles que é, funcionamento, etc.), axudar a crear equipo. INSPIRACIÓN COLECTIVA: axudar a facer posible as “Redeira Inspira” (sesións para medrar ideas que inspiren á cidadanía), as “Redeira Rufa” (encontros para xerar ideas e propostas a través da infancia e a mocidade), as sesións do “Work Party Club” (encontros de traballo en inglés) e as “Familias Redeiras” (formacións e obradoiros das persoas redeiras), axudar a facer posibles as “Redeira Lareira” (encontros para facer aportacións e inspirar a persoas emprendedoras, empresas ou entidades), os “Almorzos Abordo” (almorzos para xerar e fortalecer alianzas e ideas entre A Redeira e a Universidade), os “En-foques” (encontros de persoa a persoa para buscar novas perspectivas). PETO COLABORATIVO: xestionar o software “Time Overflow” para contabilizar as horas do peto, e xestionar a ferramenta “Graph Commons” para dar visibilidade ás colaboracións de A Redeira. ALÉN DOS MARCOS: participar de “Cidades Colaborativas” (encontros mensuais con La Colaboradora para inspirarnos mutuamente), e facer de persoas “Embaixadoras Redeiras” trasladando A Redeira máis ala da nosa cidade (nacional e internacional). COMUNICACIÓN: apoiar na visibilidade da “Familia Redeira” (xerar contido, redes sociais….). PARA CHULA, A MIÑA PARRULA: axudar a facer posible “Para Chula, a miña parrula”(encontros para fomentar o feminismo e a diversidade) e axudar a fomentar o uso dunha linguaxe inclusiva que teña en conta a realidade social. Como sabedes, algunhas das persoas que participáchedes nas pasadas reunións, tiñades claras as vosas preferencias. Pola contra, persoas que dubidaban sobre o sistema no que podían encaixar, tiveron a oportunidade de coñecer máis polo miúdo en que consiste cadanseu e polo tanto, decidir coa información que vos proporcionamos, en qué sistema lle apetece aportar o seu coñecimento e experiencia de vida. Se queres participar na xestión dalgún sistema e vir algunha reunión, non deixes de contactar con nós e se cadra podemos axudarvos na vosa toma de decisión. De calquera xeito, sabedes que A Redeira non é unha estrutura estática, senón pola contra, orgánica e chea de dinamismo na que as persoas poden cambiar e aportar nos diferentes sistemas cando elas o decidan.

Otros petocolaborativo inspiracioncolectiva parachulaamiñaparrula alendosmarcos triplebalance cohesion redeira comunicacion sistemas coxestion