Ofertas ciudadaníaactiva

Sofá con... Ticket2europe (Ana del Valle, Ignacio Márquez, Pablo Larrubia, Attto y Sara)
Oferta grupal

O día 13 de decembro Ana, Nacho, Atto, Pablo Larrubia e Sara da asociacion Ticket2europe participarán creando unha dinámica de Human Library para celebrar o Día Internacional do Voluntariado. Darán a coñecer as súas experiencias participando de proxectos europeos de voluntariado. Será no centro Valle Inclán as 13.40.

Otros formación ciudadaníaactiva

Nomadarte - Ana Alfonsín e Elisabet Hillerut
Oferta grupal

O pasado día 28 de setembro, dúas das nosas #persoasredeiras Elisabet de Zengoala e Ana Alfonsín de Molan mis calcetas, organizaron a actividade NOMADARTE. Totalmente a man, as persoas participantes realizaron un atrapasoños con cada técnica dos colaboradores: Elisabet de Zengoala axudou a poñer a pluma para facer debuxos marabillosos e colgalos nun aro que foi realizado co apoio de Índigo no seu taller; e Ana de Molan mis calcetas puso o toque final, ensinando pequenos nós onde as persoas participantes crearon a telaraña que atrapará os seus soños e ilusións.

Ocio ciudadaníaactiva movimientosocial

Sofá con... Wajari Velázquez
Oferta grupal

En abril celebrarase unha sesión aberta sobre Creative Commons no centro educativo Valle Inclán aproveitando a celebración do día do libro e dereitos de autoría.

Clases educación ciudadaníaactiva inspiracioncolectiva

Sofá con... Fermín Brenlla de Vai polo Río
Oferta grupal

Explicar o xeito polo que unha inquedanza xerou un movemento social, de reivindicación ecoloxista e que se mantén no tempo, como un movemento neste eido. A actividade no IES Valle Inclán celebrarase en xuño, no mes do medio ambiente.

Otros naturaleza natureza educación movimientosocial ciudadaníaactiva

Sofá con... Tilda Einarssoon
Oferta grupal

A redeira @tilda.aa participou nunha nova edición do "Sofá con" organizado por @eepevalleinclan e @aredeira_pontevedra . Compartiu, a través dun scape room, a súa experiencia coa enfermedade de diabetes. Foi todo un exemplo de inspiración sobre como aprender xogando :) @ Valle Inclan Pontevedra

Salud ciudadaníaactiva movimientosocial inspiracioncolectiva educacion saude

Copy Pontevedra
Oferta grupal

Proxecto audiovisual para visibilizar á cidadanía Pontevedresa e as súas motivacións para vivir nunha cidade Sostible. Búscanse persoas para participar nesta iniciativa, os criterios son: non ser de Pontevedra vivir en Pontevedra polo modelo de cidade

Otros ciudadaníaactiva movimientosocial participación triplebalance

A voz das mulleres
Oferta grupal

Encontrar celebrado o martes 12 de marzo de 2018 para compartir experiencias, a riqueza das voces que xurdiron nas diferentes edicións, e explorar a práctica da escritura como unha ferramenta para que se escoite a voz das mulleres nos ámbitos persoal, comunitario e social. Unha voz que ao longo da historia non foi marxinal, senón silenciada; non só nos espazos públicos e privados, senón tamén na narrativa posterior. Dirixido a calquera persoa interesada na materia, se queres máis información: https://narrativasyotraslunas.com/

Clases cultura colaborativa ciudadaníaactiva inspiracioncolectiva parachulaamiñaparrula educacion cultura

Visibilización a Mulleres Galegas Kañeras
Oferta grupal

O obxectivo da actividade é que o alumnado do Carlos Oroza axude ó proxecto de Mulleres Galegas Kañeras para a súa visibilización, e sobre todo, a visibilización da Muller no rock e no heavy en Galicia. Nesta actividade, tamén colabora outra redeira.

Otros cultura colaborativa ciudadaníaactiva inspiracioncolectiva parachulaamiñaparrula educacion

Clube de Lectura Feminista
Oferta grupal

Clube de Lectura Feminista con Dani Chapela. Encontros mensuais coas escritoras máis relevantes do panorama cultural galego. Casa da cultura de Cons en Mourente. Asociación de Mulleres Amarindas.

Otros cultura colaborativa ciudadaníaactiva inspiracioncolectiva parachulaamiñaparrula cultura literatura

SOFA CON... AMARINDAS

O venres 11 de outubro de 2019 a Asociacion de Mulleres Amarinda - de Mourente- participou no Dia Internacional das Mulleres no Rural no @iesvalleinclan. Moitas delas participan de forma activa da nosa rede 🙂 aredeira #EEPEiesvalleinclan #sofacon #asociacionamarinda #pontevedra

Otros movimientosocial cultura colaborativa ciudadaníaactiva inspiracioncolectiva educacion parachulaamiñaparrula

ENREDADAS
Oferta grupal

A Redeira apoia ó colectivo LGTB mediante sesións grupais guiadas por Alba Torres nos centros educativos.

Clases movimientosocial cultura colaborativa ciudadaníaactiva inspiracioncolectiva educacion parachulaamiñaparrula