Ola redeirxs!
Escribimos para comentarvos dúas novas:
Cambio de sala: será na sala Liñares (no primeiro andar, subindo as escaleiras metálicas que atopades ao fondo (pasando o ascensor).
Atrezzo de entroido: como xa estamos a piques de celebrar o entroido, queremos pedirvos que traiades un disfraz ou complemento, que represente "que lle pediríades ao peto ou á xente do peto"
Se ainda no te apuntaches, mándanos un correo a ola@aredeira.gal
Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén :)
Grazas!
Equipo A Redeira
O vindeiro xoves 20 de FEBREIRO ás 19:00 temos a primeira Xuntanza da Redeira do ano 2020!!!
Xuntarémonos para vernos, poñermos ao día acerca do Peto Colaborativo e outras accións redeiras, tomar decisións en asemblea e tamén falaremos do crecemento da comunidade e do futuro.
Falaremos sobre as sesións de visibilización de A Redeira na universidade e tamén sobre a importancia da comunicación e da ferramenta do Peto Colaborativo, entre outras cousas.
Confírmanos a través da meet up, ou escribindo un correo a ola@aredeira.gal para poder organizar a Xuntanza.
O Lugar será a casa Azul, na sala Valdecorvos ás 19h e ata as 20:30. A sala está no primeiro andar, subindo as escaleiras metálicas que atopades ao fondo (pasando o ascensor).
Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén :)
Confirma a túa asistencia canto antes para planificar e organizar o aforo.
Grazas!
Equipo A Redeira
Other
coxestion
xuntanza
O vindeiro xoves 12 de decembro ás 19:00 temos a derradeira Xuntanza da Redeira do ano 2019!!!
Con carácter medio festivo (xa que estamos ás portas das festas navideñas), xuntarémonos para vernos, poñermos ao día acerca do Peto Colaborativo e outras accións redeiras, tomar decisións en asemblea e tamén falaremos do crecemento da comunidade e do futuro.
Sobre a toma de decisións, é súper importante que valoredes se queredes incluir na redeira o Peto das Cousas, a opción de poder intercambiar cousas en vez de tempo. O votaremos na asemblea.
Confírmanos a través da meet up, o Trello ou escribindo un correo a ola@aredeira.gal para poder organizar a Xuntanza.
O lugar será a CASA AZUL 🙂
Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén 🙂
Other
xuntanza
coxestion
A Redeira se xestiona a través de 7 SISTEMAS, o obxectivo é que as persoas que forman parte deste proxecto local e queiran formar parte activa do funcionamento da A Redeira o fagan a través dos sistemas, cuxa finalidade dos mesmos é:
TRIPLE BALANCE: apoiar na ideación sobre a política de sosteñibilidade de A Redeira, e apoiar en facer posible o “Reto Social” (iniciativa anual para axudar a buscar solucións a un problema local e xerar un impacto positivo a nivel social, económico ou ambiental).
COHESIÓN REDEIRA: integrar ás novas personas en A Redeira (contarlles que é, funcionamento, etc.), axudar a crear equipo.
INSPIRACIÓN COLECTIVA: axudar a facer posible as “Redeira Inspira” (sesións para medrar ideas que inspiren á cidadanía), as “Redeira Rufa” (encontros para xerar ideas e propostas a través da infancia e a mocidade), as sesións do “Work Party Club” (encontros de traballo en inglés) e as “Familias Redeiras” (formacións e obradoiros das persoas redeiras), axudar a facer posibles as “Redeira Lareira” (encontros para facer aportacións e inspirar a persoas emprendedoras, empresas ou entidades), os “Almorzos Abordo” (almorzos para xerar e fortalecer alianzas e ideas entre A Redeira e a Universidade), os “En-foques” (encontros de persoa a persoa para buscar novas perspectivas).
PETO COLABORATIVO: xestionar o software “Time Overflow” para contabilizar as horas do peto, e xestionar a ferramenta “Graph Commons” para dar visibilidade ás colaboracións de A Redeira.
ALÉN DOS MARCOS: participar de “Cidades Colaborativas” (encontros mensuais con La Colaboradora para inspirarnos mutuamente), e facer de persoas “Embaixadoras Redeiras” trasladando A Redeira máis ala da nosa cidade (nacional e internacional).
COMUNICACIÓN: apoiar na visibilidade da “Familia Redeira” (xerar contido, redes sociais….).
PARA CHULA, A MIÑA PARRULA: axudar a facer posible “Para Chula, a miña parrula”(encontros para fomentar o feminismo e a diversidade) e axudar a fomentar o uso dunha linguaxe inclusiva que teña en conta a realidade social. Como sabedes, algunhas das persoas que participáchedes nas pasadas reunións, tiñades claras as vosas preferencias. Pola contra, persoas que dubidaban sobre o sistema no que podían encaixar, tiveron a oportunidade de coñecer máis polo miúdo en que consiste cadanseu e polo tanto, decidir coa información que vos proporcionamos, en qué sistema lle apetece aportar o seu coñecimento e experiencia de vida.
Se queres participar na xestión dalgún sistema e vir algunha reunión, non deixes de contactar con nós e se cadra podemos axudarvos na vosa toma de decisión. De calquera xeito, sabedes que A Redeira non é unha estrutura estática, senón pola contra, orgánica e chea de dinamismo na que as persoas poden cambiar e aportar nos diferentes sistemas cando elas o decidan.
Other
petocolaborativo
inspiracioncolectiva
parachulaamiñaparrula
alendosmarcos
triplebalance
cohesion redeira
comunicacion
sistemas
coxestion