Ofertas xuntanza

NOVAS Xuntanza 20 de febrero 2020 ás 19h - Casa azul
Oferta grupal

Ola redeirxs! Escribimos para comentarvos dúas novas: Cambio de sala: será na sala Liñares (no primeiro andar, subindo as escaleiras metálicas que atopades ao fondo (pasando o ascensor). Atrezzo de entroido: como xa estamos a piques de celebrar o entroido, queremos pedirvos que traiades un disfraz ou complemento, que represente "que lle pediríades ao peto ou á xente do peto" Se ainda no te apuntaches, mándanos un correo a ola@aredeira.gal Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén :) Grazas! Equipo A Redeira O vindeiro xoves 20 de FEBREIRO ás 19:00 temos a primeira Xuntanza da Redeira do ano 2020!!! Xuntarémonos para vernos, poñermos ao día acerca do Peto Colaborativo e outras accións redeiras, tomar decisións en asemblea e tamén falaremos do crecemento da comunidade e do futuro. Falaremos sobre as sesións de visibilización de A Redeira na universidade e tamén sobre a importancia da comunicación e da ferramenta do Peto Colaborativo, entre outras cousas. Confírmanos a través da meet up, ou escribindo un correo a ola@aredeira.gal para poder organizar a Xuntanza. O Lugar será a casa Azul, na sala Valdecorvos ás 19h e ata as 20:30. A sala está no primeiro andar, subindo as escaleiras metálicas que atopades ao fondo (pasando o ascensor). Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén :) Confirma a túa asistencia canto antes para planificar e organizar o aforo. Grazas! Equipo A Redeira

Otros coxestion xuntanza

XUNTANZA, XOVES 12 DE DECEMBRO 2019 ÁS 19H
Oferta grupal

O vindeiro xoves 12 de decembro ás 19:00 temos a derradeira Xuntanza da Redeira do ano 2019!!! Con carácter medio festivo (xa que estamos ás portas das festas navideñas), xuntarémonos para vernos, poñermos ao día acerca do Peto Colaborativo e outras accións redeiras, tomar decisións en asemblea e tamén falaremos do crecemento da comunidade e do futuro. Sobre a toma de decisións, é súper importante que valoredes se queredes incluir na redeira o Peto das Cousas, a opción de poder intercambiar cousas en vez de tempo. O votaremos na asemblea. Confírmanos a través da meet up, o Trello ou escribindo un correo a ola@aredeira.gal para poder organizar a Xuntanza. O lugar será a CASA AZUL 🙂 Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén 🙂

Otros xuntanza coxestion