Ola redeirxs! Escribimos para comentarvos dúas novas:
Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén :)
Grazas!
Equipo A Redeira
O vindeiro xoves 20 de FEBREIRO ás 19:00 temos a primeira Xuntanza da Redeira do ano 2020!!!
Xuntarémonos para vernos, poñermos ao día acerca do Peto Colaborativo e outras accións redeiras, tomar decisións en asemblea e tamén falaremos do crecemento da comunidade e do futuro.
Falaremos sobre as sesións de visibilización de A Redeira na universidade e tamén sobre a importancia da comunicación e da ferramenta do Peto Colaborativo, entre outras cousas.
Confírmanos a través da meet up, ou escribindo un correo a ola@aredeira.gal para poder organizar a Xuntanza.
O Lugar será a casa Azul, na sala Valdecorvos ás 19h e ata as 20:30. A sala está no primeiro andar, subindo as escaleiras metálicas que atopades ao fondo (pasando o ascensor).
Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén :)
Confirma a túa asistencia canto antes para planificar e organizar o aforo.
Grazas!
Equipo A Redeira