XUNTANZA, XOVES 12 DE DECEMBRO 2019 ÁS 19H

O vindeiro xoves 12 de decembro ás 19:00 temos a derradeira Xuntanza da Redeira do ano 2019!!!

Con carácter medio festivo (xa que estamos ás portas das festas navideñas), xuntarémonos para vernos, poñermos ao día acerca do Peto Colaborativo e outras accións redeiras, tomar decisións en asemblea e tamén falaremos do crecemento da comunidade e do futuro.

Sobre a toma de decisións, é súper importante que valoredes se queredes incluir na redeira o Peto das Cousas, a opción de poder intercambiar cousas en vez de tempo. O votaremos na asemblea.

Confírmanos a través da meet up, o Trello ou escribindo un correo a ola@aredeira.gal para poder organizar a Xuntanza.

O lugar será a CASA AZUL 🙂

Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén 🙂

Esta Oferta pertenece a Peto colaborativo de A Redeira.