🎹Aulas de piano - Olga Brañas🎶

A música Olga Brañas oferta esta actividade grupal:

🎹 Aulas de piano en pequenos grupos (mínimo 2 persoas, máximo 4) 🎹

Para o banco de tempo terei un grupo de nenas e nenos e tamén outro grupo para dar clases a persoas adultas.

🗓️ Regularidade: aulas semanais (agás festivos ou similares).

⏳Tempo recibido: 45min cada clase. Tempo que se paga: 30 min por cada clase.

🧑‍🎓✍️🎶En cada aula trabállase conxuntamente piano, solfexo e teoría musical.

➡️Tempo necesario de estudo diario para avanzar: 15 minutos ao día, todos os días.

O único que se necesita é ter un teclado ou piano na casa, pero podo alugar o meu para a práctica diaria a cambio de tempo, para facilitalo a quen non dispoña dun.

📍Lugar onde se darán as aulas: Galerías Proyflem, planta baixa.

Esta Oferta pertenece a Banco de Tempo de Ourense.