A Redeira → Curso de WordPress - Iniciación

Juan Hernando desenvolveu 3 obradoiros para crear unha web en WordPress.

Aquí vos deixamos alguns dos contidos dos obradoiros celebrados no ano 2019:

Taller 1. ¿Que necesito para ter a miña web? ¿Como instalar WordPress? ¿Como configuralo? Veremos que é e que non é WordPress e o proxecto WordPress.org. Aprenderemos as diferentes maneiras de descargar o famoso xestor de contidos e instalalo para ter a nosa propia páxina web. Veremos tamén a configuración e axustes básicos para comezar a funcionar con el e resolveremos as dúbidas que xurdan → https://aredeira.gal/taller/WP1.pdf

Taller 2. ¿Como modificar o aspecto da miña web en WordPress? Temas, editores, maquetadores... Xa temos o noso WordPress instalado… pero queremos que se vexa distinto. Que opcións temos? Que é un tema premium? E un tema fillo? Por que non se parecen aos seus demos? Podo colocar as cousas ao meu gusto? Menús, widgets, Gutenberg… que é todo isto? Aprenderemos como modificar os estilos da nosa web para que quede o máis parecido posible á páxina que sempre soñamos → https://aredeira.gal/taller/WP2.pdf

Taller 3. Como engadir funcionalidade a WordPress? O mundo dos plugins. Que é un plugin? Cantos plugins son demasiados? Como elixir o plugin perfecto para o que necesito? Que me recomendas para facer X co meu WordPress? Todas estas preguntas e moitas máis terán resposta neste obradoiro. Probaremos algúns dos plugins máis populares e coñeceremos que funcionalidades pódense engadir a WordPress de maneira fácil e gratuíta → https://aredeira.gal/taller/WP3.pdf

This Offer belongs to Peto colaborativo de A Redeira.
Login